jueves, 30 de enero de 2014

Día da paz


Continuamos traballando co noso libro "Un e sete", pero hoxe ademáis para celebrar o día da Paz xogamos "xogos cooperativos", ou xogos de axudar, como lle chaman os nenos , logo, falamos, moito, de como se resolven os "problemas" falando, despois un pouco de encerado dixital:





Un  LIM vía EEI Tarrío-Samieira


Outro LIM elaborado por Ana Martínez Rey, vía Actiludis



E de remate  modelar e pintar unhas maravillosas pombas da paz que mañán estarán listas.








lunes, 27 de enero de 2014

Un conto para a paz

Levamos unha semana traballando un precioso conto de Guianni Rodari: "Un e sete", publicado en castellano na editorial SM.
Nós adaptámolo, traducímolo ao galego e preparamos un video narrado coas voces de nenos e nenas:


 

martes, 21 de enero de 2014

Supermercado

Esta semana temos unha tenda na escola:

"A tenda de Sabela", onde se venden unha chea de productos que os nenos e nenas poden mercar cos cartos da escola.

Os nosos cartos son regletas, e no banco déronlle a cada neno para gastar:
- tres de 1euro.
- dúas de 2 euros.
- unha de 5 euros.

Vendemos galdrumadas, galletas, libros, cochiños, monecos, puzles..... de todo!, e o máis importante: o que se compra , pódese comer ou levar para casa.
Non era doado comprar porque había que pedir a volta, pero axudándose uns aos outros os productos foron desaparecenso
da tenda.

jueves, 16 de enero de 2014

Xogos musicais

Os Reis trouxéronnos moitos libros para a Biblioteca, entre eles chegou: Xogos Musicais, de Luís Prego, publicado en Edicións do Cumio. Xa tiñamos de este autor "Para cantar e bailar ", e este novo traballo non nos decepcionou. Neste libro/cd, temos unha chea de cantigas tradicionais para que os pequenos e pequenas canten, bailen e xoguen.

Nós comenzamos por: "Pola beira do río", que ademáis de para cantar e xogar, servíunos para contar, sumar, aprender a escribir novas palabras e, como non, falar de sapos, grilos ratos e vacas.


martes, 7 de enero de 2014

Cantar os reis


O venres 3 de Xaneiro fomos cantar os Reis por As Neves, e o sábado por Vide.

O venres saíu moi ben, non chovía e a xente foi moi xenerosa cos nenos e nenas cantadores. Como todos os anos achegámonos ao Centro de Día de Maiores a saudar e cantar cos avós e avoas, e abofé que cantamos.

O sábado en Vide comenzou mal pero rematou ben. Primeiro suspendimos a andaina pola tarde de chuvia e, como estabamos citados na Casa da Auga, improvisamos alí unha sesión de cine e unha festa/merenda para nenos, nenas e NEEENAS, á que nos invitaba a Asociación Cultural Vidense

Xa estaban os pequenos na película cando parou de chover, e as NEEENAS decidiron que había que sair pola aldea aínda que fora un pouquiño e en coches. Deixamos aos máis cativos nos cine e alá fomos: á tenda, áo bar, á carnicería, á perruquería, á casa das familias e a casa duns poucos viciños que nos quedaban de camiño.

Cando regresamos á Casa da Auga , xa anoitecia e os pequenos esperaban por nós coa mesa da merenda posta.

Que fame da o traballo ben feito!!!

E menuda festa de colchonetas imos facer co aguinaldo !!!