jueves, 31 de octubre de 2013

Cantando o Samaín

Hoxe houbo obradoiro de caveriras na escola e viñeron algunhas nais para axudarnos a cortar as cabazas.

Logo de recoller todo cantamos o:

"tumba por aquí
tumba por alá...."

e pintámonos a cara para dar mas medo, e nsaiando para a festa de mañán.

Aquí esta a proba do bo facer destes "inxeñeiros":



martes, 29 de octubre de 2013

Samaín

O xoves pola tarde celebraremos na Casa da Auga a festa do Samaín e o Magosto. Haberá obradoiros de caveiras e de maquillaxe, magosto, cantigas e xogos.... Cando chegu e a notiña sairemos como os outros anos en procesión polas corredoiras deixando as caveiras nos balados e nos cruceiros para espantar as ánimas. Estades TODOS e TODAS invitados, pero non esquezades levar a cabaza, o disfraz e moi importante, as castañas para asar.


E aproveitando os dáis libres podemos redescubrir os libros de medo:


que están expostos no andel, para que nos os teñas que buscar pola Biblioteca adiante:



domingo, 27 de octubre de 2013

Serán de Barcela

Os nosos veciños da parroquia de Barcela celebraron onte o seu Serán, e as "Saíñas" de Vide estaban invitadas.

Tiñamos moi ben ensaiadas as cantigas que ían interpretar:

- A danza de Xesta, do repertorio das Pandereteiras do Suído.
- O pasodoble de Lasoxo, na que pequeniños e menos cativos tocan as piñas.
- Don Melitón. unha cantiga infantil da nosa zona.

Esta vez decidimos que ían sacar as cantigas os máis pequerrechos, e a responsabilidade recaíu en:
Antón, Uxúe, Marcos e Noa.

Que orgullosos nos sentimos todos cando como verdadeiros "profesionais", ali no escenario cantaron, tocaron as pandeiretas, as piñas, e ata bailaron : dame un abrazo, don Melitón, dame un biquiño...

Un biquiño non, un cento deles e outro cento de vivas e aplausos foi o que levaron!!!!!!!




Noraboa aos nosoa veciños polo seu serán, e felicidades tamén a mamá de Antón que lle "tocaron" catro pitiños no sorteo das rifas.

sábado, 26 de octubre de 2013

Recursos samaín


O curso pasado fixemos una entrada neste blog con recursos para o Samaín. Este ano o que fixemos foi act:ualizala:


"Deixo aquí os enlaces aos recursos que estamos utilizando en clase no traballo SAMAÍN, recursos dirixidos a nen@s menores de 6 anos, que é o noso alumnado. A meirande parte deles xa os traballamos e gustáronnos.

É un recopilatorio de actividades lacalizadas directamente en internet ou ben a través do traballo realizado por outras bibliotecas escolares. A tod@s gracias".

Para imprimir e colorear/recortar:



Xogos e actividades on line


Negrita


Manualidades:


Cociña do Samaín:


Videos:




Se queres unha páxina con moitos recursos para todas as edades, preme entón en:


E para rematar, este video de Mamacabra:





viernes, 25 de octubre de 2013

Día das bibliotecas

Sempre temos un agasallo para a nosa Biblioteca no seu día.

 O alumnado de Vide "come" decotío nos seus libros, un menú extraordinario , por iso deixamos falar aos ratiños para que todo o mundo soubese o que pode pasar si un "rato" vive na biblioteca.


 

miércoles, 23 de octubre de 2013

Unha biblioteca chea de ratos


Todos os días, o primeiro que facemos é averiguar que cearon os ratiños da nosa biblioteca.
O primeiro non, o segundo, porque primeiro teño que buscar os ratos- previa sesión de maquillaxe- que están agochados na biblioteca.
E aparecen todos os ratiños, cada un co  libro que lle servíu para procurar unha boa cea : cabalos, nubes, tractores, laranxas, galiñas... un menú do máis extraordinario, porque , como di Diego, da igual o libro que collas, sempre encontras "algo".

lunes, 21 de octubre de 2013

O rato que comía gatos

Este precioso conto de Rodari está editado por SM, e chegou o outro día á nosa Biblioteca.
Como estamos en octubro, o mes das bibliotecas, dicidimos traballar con el "a fondo".
E convertímonos en ratiños de biblioteca para comer de tooooodo, pero iso si, seleccionando a comida.
Un día só comimos de libros "para ler acompañados", outro día,dos libros "do contorno", outro, "libros do 5", e así, un día tras outro, estamos a darlle un bo repaso á nosa biblioteca.



viernes, 18 de octubre de 2013

Magostiño

Como tiñamos as castañas que fomos apañar o outro día decidimos facer un magosto pequeniño, un MAGOSTIÑO, só para nós, no patio da escola.

Fomos apañar candeas e puxémonos ao labor. Apresa, que o ceo estaba tinguido de nubeiros de chumbo e non queríamos que nos pillara a chuvia.

As castañas asáronse e démonos unha enchenta con elas.

Mentras, fora, chovía e chovía.... e nós quentiños comendo castañas asadas.

E  rematamos facendo a lista coas 10 cousas  que hai que facer para ter un Magostiño:

- 1 APAÑAR CASTAÑAS
- 2 APAÑAR CANDEAS
- 3 EXTENDER AS CANDEAS NO CHAN
- 4 BOTAR AS CASTAÑAS NO MEDIO
- 5 TAPALAS CON MÁIS CANDEAS
- 6 PRENDERLLE LUME
- 7 ESPERAR A QUE SE CONSUMA
- 8 RECOLLER AS CASTAÑAS ASADAS
- 9 TAPALAS CUNHA VERZA.
- 10 e.. COMELAS!


miércoles, 16 de octubre de 2013

A vendima

A escola rodeada de vendima e vendimador@s, non pode quedar fora, así que esta vez decidimos investigar acudindo as mellores fontes de información:

O alumnado da unitaria decidíu por unanimidade que eran, por este orde:
- a mamá.
- a avoa.
- o papá.

Na fase "coñecementos previos", quedou demostrado que algún dos alumnos- en especial Saul- era un verdadeiro erudito na materia a investigar, e que todos en xeral, tiñan coñecementos previos abondo.

Aínda así decidimos acudir as "fontes"  para responder a:

- Como pasa o mosto a ser viño?
- Que é un lagar?
- Que son os bocois?

Cadaquén escribíu o seu papeliño e fixo a súa propia investigación.

Un exitazo a elección das fontes. En dous días TODO RESOLTO, e POR ESCRITO!!!





martes, 1 de octubre de 2013

Aldea total

Mentras esperabamos polas "obras", aproveitamos para aprender de excavadoras, camións, compactadoras, pavimentadoras..... unha chea de máquinas espectaculares que fixeron as delicias de nenos e nenas, cun  "profe" de luxo, o avó de Ruth, que nos foi explicando as diferentes procesos de traballo para o asfaltado das rúas.
E chegou o día que comenzaron a asfaltar e.....

a parte de diante da unitaria LIBROUSE DE ASFALTO!!!.

 As máquinas- sabiamente guiadas- fixeron unha maravillosa curva seguindo a linea orixinal do camiño e deixaron o frente do edificio liberado.

Agora teremos que seguir chamando ao Concello para que seguen a herba cando medre, teremos que pedir axuda a avoa de Samara para podar as hortensias. Ás veces, cando chova moito, haberá pozas, e teremos que poñernos as botas para saltar dentro delas..... enfín unha morea de traballo , pero

que lle imos facer se estamos na ALDETOTAL!!!

Esta vez libramos.