jueves, 16 de febrero de 2012

Marcel Marceau

Xa dixemos que en Vide aprendemos dos grandes, por iso Charlie Rivel é o noso mestre de pallasos.
O vídeo da súa actuación sabémolo de memoria: como subir a unha silla, como tocar a guitarra, como chorar..... aaaaauuuuuuuhhh!!!! asi que  decidimos dar un paso máis e aprender de outro grande mestre, esta vez do MIMO: Marcel Marceau.
Para isto convertémonos nestes días en réplicas de Marcel- asi lle chamamos nós, con confianza- .

Dí Alba que o que máis lle gusta de facer de Marcel, é que hai silencio TOTAL e a Iago o de poder falar coas mans, pero a todos encántalle o doado que é cambiar de triste a alegre: un toque na túa frente ..e listo!

Mañán xogaremos a imitarnos. Habémonos de divertir ben, que levamos unha semaniña que non paramos de traballar.





No hay comentarios: