lunes, 20 de junio de 2011

Moaña e Vide na Casa de Auga

Choveu!!!!!

E tivemos que cobixarnos na Casa da Auga.

Foi chegar as nenas e nenos de Quintela a Vide e, aínda non nos dera tempo de mostrarlles o contorno da Unitaria cando, en chegando á Casa da Auga, deu en chover, e veña a chover...

E alí quedamos.

Nun escampe corrimos ata a Fonte dos Mexóns, que se chama así polo forte cheiro a mexos que contan que tiña porque alí baixaban pola noite os cabalos do monte a beber.

Deunos para cantar, bailar, contar historias, facer dramatizacións e xogos, ler un conto, almozar, xantar e ata ver una anaco de película.

E que a Casa da Auga éche moita Casa.

O caso é que, malia a chuvia, pasamos un bo día. Un boísimo día. UN MARABILLOSO DÍA!!!!!!!!

miércoles, 15 de junio de 2011

E reluce máis que o sol

Ían vir gravar na biblioteca para facer un documental.
E viñeron.

Pero cando abriron a porta para comenzar, cegoulles un resplandor que iluminaba TODAS as superficies, cantos e recantos da biblioteca.

Diredes:

- Que pasaba ali? Que acontecía?

Pois que a Comisiòn de Biblioteca levaba tres tardes sacando brillo a TODAS, e digo TODAS as superficies susceptibles de seren limpadas, restregadas, fregadas, pulidas, pintadas, abrillantadas......

E claro, RELUCÍA MÁIS QUE O SOL.






Pirimpinpin

Estamos a aprender a toda presa a canción Pirimpinpín, de "Meniños cantores" para sorprender aos nenos de nenas de Quintela o venres.

Os maiores, que a sabían doutros anos tíñana medio esquecida, e os pequen@s, fora de Pirimpinpín, nada. Ademáis Alba e Noa protestan deseguido:
Alba: Eu sei unha máis bonita: O lugariiiñooo de Viiiideeee!
Noa: Pampun pampun pompon pon poooooo!
Menos mal que os outros aínda me siguen cun pouco máis de gana porque xa nos vexo o venres cantándolles:
- patatum pun pun porromponpón.....!

Mañán veremos estes vídeos, a ver se lles entra algo máis de "motivación".



martes, 14 de junio de 2011

Adiviña

O videiro venres as nenas e nenos de infantil da escola de Quintela en Moaña van vir a Vide, e nós témoslle preparada unha adiviña :


Mañán mandarémoslles unha pista nova.

domingo, 12 de junio de 2011

Gatos

Houbo un ano que tivemos pexiños , outro vermes de seda, o curso pasado viña o año de Noemí á escola a que lle dera o biberón, este curso o can das xemelgas ven todos os recreos a visitalas, pero esta vez, esta vez superamos todas as espectativas:

Temos tres gatiños que non teñen nin unha semana!

Apareceron na porta de escola dentro dunha caixa.

Estamos a "investigar" quen foi a "alma caritativa" qu
e os "donou", pero mentras haberá que alimentalos, non?
Sandra, Bea e Rocio, as supernais, deseguida dispuxeron o "atrezzo" e niso estamos, en que "saian adiante"

Entre os nenos e nenas, moita discusión:

Alba: Porque a súa nai os abandonou?
Noa: Ao mellor estaba enfermiña.
Alba: Pobres gatiños A B A N D O N A D O S.
Irene: Igual tivo que marchar a Ourense.
Alba: Pobres gatiños A B A N D O N A D O S.
Mateo: Pero si nós lles damos de comer non morren.
Alba:Pobres gatiños A B A N D O N A D O S.

E Alba seguíu así toda a mañán.


Á hora da saída houbo "un gatiño abandonado" menos, pois Bea a nai de Iago, decidíu "libremente"adoptar un -maaamaaa porfa, mamamama porfaaa- que se chamará Gari.

Aínda nos quedan dous.




lunes, 6 de junio de 2011

Fiadeiro

Xa foi o Fiadeiro.

A pesares da chuvia que ía e viña, do trono que estoupo xusto enriba de nós, das carreiras carpa/carballeira e viciversa... a pesares de todo, foi unha boa tarde.

De novo os nosos veciños e veciñas colaboraron poñendo comida e viño- cada casa a súa aportación- os gaiteiros e pandereteiras non se arredaron coa chuvia e cantaron e tocaron, e todos: veciñ@, visitantes, pandereteiras, gaiteiros, amigos e coñecidos, comimos, bebimos cantamos e bailamos toda a tarde.
A megafonía con tanto traballo preparada por Bruno, a tope.
A organización do reparto de merenda e postres: como un reloxio con Sandra e Merchi de "superxefas" e todas nós, ás da camisa naranxa, ás súas ordes.
Lurdes de presentadora, un acerto.
Rosa, Julia e Carmen, as fiadoras, un luxo velas traballar.
Edorta o fotógrafo, todo un profesional.
Concha de Luneda e Emilio e América de Vilar, un privilexio pode escoitar os seus vellos cantares.
E a todas as personas que acudiron a nosa chamada: gracias, moitas gracias,

- Ás pandereteiras da Barca de Loimil.
- Ós gaiteiros de Arbo.
- Ás pandereteiras de Oliveira.
- A os rapaces de "Andar de Can"
- Ás pandereteirs de Vilacoba.
- Ao grupo Foliada.
- Á Rola dos celeiros.
- Aos Parrulos.
- Aos "Chámannos"
- Aos "Un, dous, tres, uxós"
- Ao Caruncho e Benito.
- A "Barafunda"
- A Suso o gaiteiro de Beade.
- A señora Concha de Luneda.
- Aos irmáns Gil de Vilar de Cabeiras.
e por suposto ás Pandereteiras "Saia de Lá" e as gaiteiras e gaiteiros de Vide.

Ata o ano que ben!




jueves, 2 de junio de 2011

facer o pan e bibliotecas

Tiñamos cita na EFA A Cancela para facer o pan. Ensináronnos a facelo as alumnas doo Ciclo Formativo de Panadería e Repostería e fixémolo. Pan con forma de sol, de tartaruga, de letras.... e levámolo para casa coa receta:

1 k. de fairña20 gr. de sal
5 dl. de auga.
40 gr. de levadura

¿Como se fai?
- Peneriamos a fariña na mesa.
- Dámoslle forma de volcán.
- Engadímoslle todos os ingredientes dentro do volcán menos a auga.
- Imos botando a auga moi amodiño mentras imos remexendo ata ter unha masa unida.
- Amasamos moi ben coas mans.
- Deixase repousar a masa, dividímola e dámoslle forma para o pan.
- Cocemos a 220º.
Nós fixémolo así e comimos un pan delicioso.

Pero como de volta tiñamos que pasar por diante no IES Pazo da Mercé aproveitamos para visitar a súa Biblioteca. Unha biblioteca de "grandes". Chegamos na hora do recreo e foi toda nosa.

- Profe, van polos números como na nosa.
- Mira, mira aquí está o 7.
- Eu quero un libro do 5.
..... e así seguiron mentras a recorrían.
Logo, xa experimentados "visitadores" axiña pediron libros e todos serios sentárose nas mesas a ler.

miércoles, 1 de junio de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.



Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)