lunes, 31 de mayo de 2010

TARDE DE FIADEIRO EN VIDE

Era a primeira vez que organizabamos unha festa destas, e comíannos os nervios.
Toda a semana foi un sinvivir de choverá ou non choverá, carpa ou carballeira, virán pandereteiras e gaiteir@s?, haberá comida? que pasa co viño? hai que.... aínda falta.....avisa a....

Traballar, traballouse unha chea.

Pero a parroquia volcouse.

O sábado xa tiñamos recollido tanto viño que paramos de ir, e o domingo, ás 4 da tarde comenzaron a parecer @s vidensense coa súa aportación: tortillas, empanadas, chourizos fritos, pan de millo recien cocido, bizcoitos, filloas, roscóns......

As avoas chegaron coa súa lá e os fusos que recuperaron buscando nos faiados das casas dispostas a aprendernos como era o traballo da fiada.

E logo viñeron pandereteiras e gaiteir@s de Arbo, de Rubiós,de San Cibrán, de Paraños, de Oliveira, de Borobás, de Ponteareas, de Gondomar..... ata de Vigo chegaron a Vide, para acompañarnos nunha tarde que tardaremos en esquecer.

E cantamos, comimos, bebimos e bailamos á sombra dos carballos que os bisavós prantaran, na carballeira de A Chan de Vide.

O domingo pola tarde , a colaboración e participación dos veciñ@s, a ilusión, esforzo e traballo desinteresado de homes e mulleres e a xenerosidade de gaiteir@s e pandereteiras convertiron a carballeira de Vide nun fermosísimo lugar onde tod@s os que estabamos alí, vell@s e nov@s, sentimos o peito enchido do orgullo de ser quen somos e de donde somos : @s fill@s e herdeiros da NOSA TERRA.




O noso agradecemento a:

1. Saia de Lá, gaiteira@s e pandereteiras de Vide.
2. Concha de Luneda
3. Cantareiras de San Cibrán.
4. Cantareiras de Oliviera.
5. Gaiteiros Chan dos Carballos
6. Pandereteiras Remuíño de Paraños.
7. Os Serandeiros de Borobás.
8. Nacho o gaiteiro e compañía.
9. Mestura. Gaiteir@s de Arbo e Rubiós.
10. Lexendarias de Arbo.
11. Os Lajaretas de Atios.
12. Foliada de Castrelos.
13. O mellor de cada casa:Caruncho, Benito e amighos.
14. Os Parrulos de Vigo.
15. Gaiteiros Barafunda de Vigo.

e a todos os homes e mulleres que cociñaron, desbrozaron, segaron, fixeron e colgaron cartaces e pancartas, anunciaron, fiaron, repartiron bebida e comida toda a tarde...... e amosaron que Vide, é un magnífico lugar onde vivir e criar aos nosos fill@s.

viernes, 28 de mayo de 2010

F de Fiadeiro

Como o vindeiro domingo haberá Tarde de Fiadeiro na Carballeira de A Chan de Vide, estamos na escola a traballar a F

de FIAR
de FÍO
de FUSO....

de FIADEIRO.
Tamén vimos a Julia do Neves como fiaba, buscamos en internet fotos de rocas e fusos.... videos de mulleres fiando, cantigas de fiada.....

E non aprenderemos a fiar, que iso leva moito tempo, pero si como se fiaba, como se calcetaba logo a lá e como logo de fiar, soaban as pandeiretas nas mans das mulleres e a festa comenzaba.

Ademáis fixemos un cartaz que pegamos en As Neves, enfrete do Concello, para que o día da feira todo o mundo soubese do noso FIADEIRO.

MIgallas

Os coches/taxi das nais e avó, leváronnos ata As Neves, pois tiñamos que ver a actuación de Migallas: Contacontos.

Antes de ir ao Auditorio, fomos visitar á Biblioteca Pública de As Neves, que abríu só para nós.

De Migallas gústamos todo, cando cantan , cando contan historias, cando representan obras de teatro...... e sabemos moitas das súas cancións. Esta vez levamos de volta unha vella/nova cantiga que xa cantaban as nosas nais e tiñamos esquecida:

Compañerio sei tocare
¿Compañeiro que sabes tocare?

Sei tocar o tamborileiro

¿Como se toca o tamborileiro
?
Rampataplan, o tamborileiro......



E mira ti por onde un dos contos que contaron foi o conto de Yaci, a "nosa" monenca de millo e tod@s pensaron que fora eu quen llo dixera.

Pero como o conto non era "igualiño", Elena, de volta na escola rifoume:

- Profe, contácheslle mal o conto. Agora tes que ir e contaérllelo ben, que sempre o contas distinto.

jueves, 27 de mayo de 2010

A Peneda



O ano pasado dixemos:

Volveremos!!!!

e cumprimos o prometido. De novo @s compañeir@s do IES Pazo da Mercé invitáronnos e nós acompañámoos encatad@s na súa cita anual na Peneda cos institutos da outra marxe do Miño.

Fixemos un roteiro pequeno mentras @s rapaces maiores facían os seus sete kilómetros de percorrido pola serra, e logo esperámolos á chegada, animándoos, que algún viña moi, moi cansadiñ@.

Comemos con tod@s en Lamas de Mouro, e alí pasamos a tarde xogando , e tocando a pandeireta, como non, ao son da gaita de Igancio.

¡Que poidamos repetir moitos días coma este!

Ah!, non contedes con fotos, que non sei que fixemos pero....DESAPARECERON!!!!!

lunes, 24 de mayo de 2010

biblioteca pequena/grande


A Biblioteca A2 poidera parecer unha biblioteca pequena, de Escola Unitaria.
Poidera....

Pero a A2 e unha ENORME BIBLIOTECA.

....Porque ten unha "Comisión de Biblioteca" que canta e toca a pandeireta.
....Porque ten aos nen@s e maiores da parroquia para compartir mundos, saberes e aventuras, e


Porque ten aos plambeiros e plambeiras que a acollen e miran por ela.


E o sábado viñeron visitala.

Foi unha festa.
Ata do concello mandaron a cortar a herba.
Abríuse a Casa da Auga e os cantares, gaitas e pandeiretas resoaron na vella casa rectoral para agasallar ás plambeiras , e ao plambeiro.

O ano que ven esperamos por vós na carballeira!!!!!

E por si fora pouco, Loly e Antonio se ocuparon tamén de "documentar" a visita.

Gracias a todas e a todo.

Preme:


Galería fotográfica

Radio Barullo


e tamén:

O Segrel do Penedo

Mesturas

miércoles, 19 de mayo de 2010

Ourense

Fomos de excursión a Ourense.

Non fomos sós. Acompañáronnos as nais, pais, avoas, irmáns e amig@s. Un autobús cheo.

Ao chegar, fomos ver unha obra de teatro: "O verme que quería voar", no auditorio de Ourense, dentro das actividades escolares Caixanova, e logo de pasear polo Ourense vello, paramos nas Burgas para comprobar como o auga saía quente das billas e tomar o bacadillo de media mañán.
Coas forzas repostas os máis ousados subiron á Ponte do Milenio antes de coller de novo o autobús que nos levaría ata as pozas de Outariz.

¡Que ben se estaba bañándose nas augas quentiñas!. Comimos, descansamos, volvimos a bañarnos e decidimos que a merenda sería en Leiro, no seu parque na ribeira do Avia. Alí xogamos, merendamos paseamos pola ponte colgante e cando foi a hora regresamos a Vide.

Un día completiño, completiño.

miércoles, 5 de mayo de 2010

O conto de Ilda

Do Ceip Frián-Teis, traemos esta adaptación dun conto de Uxío Novoneyra:

Ilda, o corzo, o lobo e o xabaril

Preme na imaxe e escoitao