jueves, 25 de febrero de 2010

DURMIR

Mateo onte contounos unha historia:

O CAN DO VECIÑO LADRA POLA NOITE E POLO DÍA.
O GALO DO VECIÑO FAI IGUAL CÓ CAN.

ESES DOUS NON ME DEIXAN DURMIR.

A historia gustounos tanto que hoxe fixemos un conto con ela mentras enchíamos a escola de

GUAU! GUAU!!!!

e KIKIRIKI!!!!!!!!.







jueves, 18 de febrero de 2010

Webquest Wangari


O traballo co conto de Wangari xa está rematado, e con el o BLOG DAS TAREFAS, pero como ben está o que ben acaba, mañán espéralle aos nenos e nenas unha sorpresa:
Despois de darlle moitas voltas , preparei unha web quest para que a través deste recurso co que se enfrontan por primeira vez, amosen todo o que aprenderon neste tempo.

Espero que teña éxito e sexa a primeira de outras moitas.


Preme AQUÍ para entrar.

domingo, 14 de febrero de 2010

De que van estes nen@s?

Cando paseabamos por Vide, pregúntábanlle @s nen@s:
- ¿De que ides disfrazad@s?
- De Wangari!
- De Wangari? e iso que é?
E tod@s comenzaban a explicar:
- É unha muller de Kenia, Africa, que plantou moitas árbores e lle deron o Premio Nóbel da paz 2004.....e chámanlle a nai das árbores....e as súas amigas da outras aldeas tamén plantaban árbores....e...

Menos mal que o tiñan moi estudiado! Agora en Vide moita xente sabe quen foi Wangari Maathai.

viernes, 12 de febrero de 2010

Entroido namorado



Falar de amor é falar de sentementos, de medo, da saudade.... de todo isto e de moito máis fala, coa voz de Marc Parrot e as ilustracións de Eva Armisén o libro que recomendamos para este Entroido namorado:

¿Que me está pasando? Eva Armisén, Marc Parrot. Editorial Lumen.


E como sempre son poucas as apretas que podemos dar e precisamos recibir, estoutro libro para non esquecernos de dalas.
E que non esquezan de nolas dar.

"Me gustan los abrazos"
Jose Orna. Rosa Blanca Miguel.
Editorial: Latas de cartón.
2009

miércoles, 10 de febrero de 2010

Disfraz de Wangari: FEITO!!!!

Xa dixemos que este - non podía ser doutro xeito- , era o Entroido de Wangari. O colorido e fermosura das súas túnicas chamaronnos moito a atención e o seu pano na cabeza parecíanos do máis favorecedor.

@s nen@s traballaron moito observando os vestidos de Wangari, copiando, diseñando.... e logo plasmáronno nas bolsas de plástico de cores.

O traballo está feito e quedou.......PERFECTO!!!!!

O venres, un feixe de Wangaris pasearán pola parroquia repartindo árbores da paz e cantando "Olelé", por suposto.

Á volta na escola as nais e pais vannos ter preparado un MAGÍFICO XANTAR para agasallar a estes wangaris videnses.

E que non chova.



lunes, 8 de febrero de 2010

MONXAS E ORELLAS


A nai de Felipe achegounos un libro de cociña moi especial.

É o libro de onde ela sacou o seu delicioso LEITE FRITO, e do que nos recomenda as

ORELLAS.

Nós , que xa llas probamos, damos fe da súa excelencia.



miércoles, 3 de febrero de 2010

ENTROIDO CON WANGARI

O mes de xaneiro quedounos corto e imos seguir con Wangari ata as vacacións de Entroido.

WANGARI E OS SEUS AMIGOS do Cinto Verde pasearán neste entroido polos camiños de Vide levando pequenas árbores da paz.

Fomos recoller landras debaixo do noso carballo e coas noces que xa tiñamos apañadas de antes fixemos dous alcouves:

Un para "dentro", e outro "fora" na veiga, perto das fabas e das cebolas.

Seguiremos a evolución das sementes para ver onde saen antes. Cando teñamos as plantas hai "diferentes" propostas de que facer con elas: dende ir á feira a vendelas ata regalalas @s veciños para que planten o arboriño no seu eido, ao xeito de Wangari.

Xa se verá, polo de agora seguiremos co blog das tarefas e cuidando dos alcouves.

CONTO DE WANGARI

Gracias as compañeiras e compañeiros das Bibliotecas Escolares, sempre xeneros@s e dispostos a botar unha man e "aprender á que non sabe", fun quen de "construir" este video co traballo das nenas e nenos.