martes, 8 de septiembre de 2009

Galicia Bilingüe

¿Comentei algunha vez que @s neno@s de Vide son galegofalantes? Pois ben, era o sábado pola tarde e estabamos na praia de Santa Marta de Liméns. @s ne@s xogaban na area. Perto deles outro neno, duns sete anos xogaba só facendo un pozo. Os nosos fóronse achegando e ao fin estaban todos sentados xuntos facendo unha poza na area. Suso, o pai de Lucía, que viñera visitarnos, foi onda eles e preguntou ao neno de fora.

- E ti, ¿ de onde eres?
- ¿Yo?. Yo soy de Orense y estos son extranjeros.

Extranxeiros na súa terra.

2 comentarios:

Ronsel dijo...

É que cada vez custa máis oír a nosa lingua na nosa terra. Acabarei sendo profesora de "linguas mortas". O peor é que non temos futuro.

pandereteira dijo...

Hai futuro hai, non desesperes.