domingo, 8 de febrero de 2009

O xénero do Entroido

E que iso do "xenero" está interiorizado dende ben cedo, e asoma onde menos o esperas.

O venres pasado adicamos o día a "Introducir" o Entroido, e logo de discutir unha morea de propostas de disfraces, conseguimos eliminar os supermanes e as princesas e toda contenta vin que quedaban dous para votar:
- paiasos
- piratas.

Votamos e...¡Sorpresa!
Todas as nenas votaron por paiasos e todos os nenos por piratas.

Sorte que houbo empate, pois son 6 e 6, e deixamos para o luns a decisión final.
E pensei eu: aínda teño tempo de cambiar isto.

E pasei toda a mañán desplegando o meu acervo de habilidades manipulativas:

Como de paiasos xa nos tiñamos disfrazado, optei por piratas ou en último extremo por piratas/paiasos e...¡a traballar!!!

- No arcón de teatro colleron telas e roupas para disfrazarse de piratas e/ou paiasos: eu ensinei aos paiasos a disfrazarse de piratas.
- Nos xoguetes collimos os dous barcos de "plaimobil" e monencos para facer de piratas e/ou paiasos: todos valían para piratas e poucos para paiasos.
- Escribimos as palabras e pintamos a cara dun pirata e dun paiaso. Parámonos a xogar na PDI coa cara do paiaso para convertelo en pirata : un parche no ollo- esquerdo/dereito- unha cicatriz -longa/curta-, un pendente - no nariz, na orella dereita, na esquerda-
-- Buscamos libros de paiasos e de piratas na Biblioteca: de piratas unha ducea, de paiasos un.
- Escollimos o libro "Como naceron as sereas" para ler- Unha sereiña choca contra un barco pirata e eles axúdana.
- Convertemos as mesas no barco pirata e eles nos piratas que "surcando os mares enfrontábanse as tempestades" e descubrían á serea...

E como xa era hora de marchar, quedamos que o luns seguíamos xogando.

Teño toda a fin de semana para seguir "diseñando"

No hay comentarios: