martes, 27 de mayo de 2008

Virus e escola colaborativa

A fin de semana comenzou cos virus.Virus informático que nos deixou sen Carmiña Vacaloura, e virus humano que botou á mestra para a cama deixándoa sen voz. Están por todas partes.

E contra os virus, puxemos en funcionamento a "escola colaborativa".
E a maxia.

Porque o venres o portátil da PDI estaba mudo, mortototal, RIP. E o martes- por intentalo antes de mandalo de viaxe- démoslle ao power e velahí estaba: ¡Resucitado!. Quedamos tan abraiadas que dimos en pensar que iso da Bruxa do Campanario, ao mellor, é dicir, se cadra...

A escola colaborativa é unha característica de supervivencia intrínsica á escola unitaria. E esta colaboración funciona de xeito moi versátil adaptándose as diferentes situacións e necesidades.

Hoxe, supuxo que Merchi fotocopiara as fichas do conto de Carmiña, que Sita e María quedaran coa mestra ata que o traballo d@s nen@s estivo encarrilado, que @s ne@s falaran baixiño toda a mañán - casi- , que Karina se ocupara, á hora da saída, de lerlles en voz alta o conto de todos os días, que Rocío quedara encargada das chaves e abrir a escola pola tarde, Lurdes de ensaiar coas pandereteiras, e Fabiola de pasar pola casa da mestra, á noitiña, e darlle conta das novidades da tarde.

E funciona. Dou fe.

1 comentario:

biblioboveda dijo...

Sabela, a parte do fermoso conto-canción de Carmiña Vacaloura, nestra entrada transmítese todo aquilo polo que estamos a traballar. Moitas grazas e sigue así (co traballo, non coa enfermidade)